Campeonato Gallego de Cocineros

A mediados de marzo Campionato Galego de Cociñeiros Profesionais
Os participantes elaborarán dúas receitas a base de salmón e perna de año. O gañador representará a Galicia no Campionato de España de Cociñeiros 2008 que se celebrará en Madrid Dez xóvenes cociñeiros galegos mediranse a mediados de marzo no Campionato Galego de Cociñeiros Profesionais 2008, un evento que chega á súa novena
edición. O certame é un dos máis importantes da nosa comunidade e está convocado
e organizado, como é habitual, polo Grupo Hostelería Galega e Turismo, baixo a dirección de Guillermo Campos.
Finalmente, o Campionato celebrarase no Centro Superior de Hostalería de Galicia, un lugar que reúne todas as condicións para a organización deste tipo de eventos. O centro
porá a disposición do certame todos os seus equipamentos, tal e como xa fixera na edición anterior, celebrada en 2006.
Este campionato caracterízase por realizar a selección autonómica de Galicia para o
Campionato de España de Cociñeiros 2008-Novos Restauradores, que se celebrará
en Madrid dentro do XXII Salón Internacional del Club Gourmets, os días 15 e 16
de abril, proba clasificatoria para o Bocuse d’Or 2008, o máis prestixioso campionato
de cociñeiros do mundo.
A organización do certame conta co apoio Xunta de Galicia, a través da Dirección
Xeral de Turismo, e o seu recoñecemento oficial a través dun convenio tripartito coa
Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (Cehosga).