Cantera modernizadora de la cocina Gallega

Cúmprense nove edicións do Campionato de Galicia de Cociñeiros Profesionais, convocado cada dous anos ao socaire da celebración bienal do Bocuse d’Or, certame para o que clasifica a través do Campeonato de España.

Por esta vía competitiva de alto nivel creada por Guillermo Campos hai vinte anos, no ano 2000 un xoven galego, Taki Rodríguez Ponte, representou a España no Bocuse d’Or.

Foi o decisivo recoñecemento ao nivel de requintamento da cociña galega entre as primeiras de España, tamén dende a perspectiva da evolución e a modernización. Pero ducias de profesionais galegos
da cociña, da sumillería ou do servizo de sala especializado, tiveron a súa oportunidade e accederon
ao estrelato profesional a través dos certames convocados dende a Organización que hoxe representa esta revista e o rupo HG&T.

Toñi Vicente foi descuberta para o segundo Campionato de España, aínda sen fase previa en Galicia. "Quedou subcampeona, o que xa nos animou a crear os campeonatos para regularizar a concurrencia
de Galicia en tan importante plataforma" precisa Guillermo Campos ao lembrar as orixes do movemento modernizador da cociña en Galicia.

Nestas oito oportunidades precedentes veu para Galicia outro subcampionato de España, obtido
en 1996 por Javier González (Restaurante A Rexidora, Ourense), o que sitúa en alto nivel o palmarés obtido pola Organización, cun campionato e dous subcampionatos de España conseguidos por tres representados a través das fases autonómicas de selección, isto é, os campeonatos galegos.

Ademais das dos citados foron destacadas as actuacións doutros campións galegos, como Francisco Vidal (1994), ou no antepenúltimo campeonato Xosé Torres Cannas (Pepe Vieira, Sanxenxo) e Diego Bello (agora Casa Pardo, A Coruña) campión de Galicia nos dous últimos certames de cociñeiros. Marcelo Tejedor non pasou de subcampión, pero foi o mellor para a crítica.

Outro cociñeiro estelar galego, Pepe Solla, pasou polos campeonatos galegos nos comezos pero como sumiller: foi o primeiro campión; máis tarde pasaría á cociña. Carlos G. Portela alcanzou a través da organización galega o subcampionato de España de Maitres, ou Xoan Canas, que sería Nariz de Oro de España, foi antes campión galego de Sumilleres, como os máis recentes David Barco ou Xurxo Rivas.