O CSHG VOLVE SER o lugar elixido pola organización do Campionato como sede das probas.
Toda a súa infraestrutura e servizos estarán a disposición dos participantes para que poidan desenvolver o seu traballo nas mellores condicións.Está previsto que a proba comece en torno ás 11.00 horas e que se prolongue ata o serán (sobre as 20.00 horas). O centro compostelán encumbrará ao profesional que representará a Galicia nos Campionatos de España.
Fóra diso, o CSHG está a desenvolver un proxecto de escola de hostalería na localidade de Koggala, ubicada na provincia sur de Sri Lanka, para mellorar o seu sector turístico. Técnicos dos departamentos
de Consultoría e Formación e Márketing viaxaron ao país asiático para formar aos futuros docentes, crear unha bolsa de traballo e poñer en marcha unha páxina web.
O obxectivo é actualizar a formación dos profesores de Koggala e dos profesionais dos hoteis da zona sur de Sri Lanka, ademais de asesorar ao equipo xestor na posta en marcha do Centro. O CSHG agarda que o proxecto empece a dar os seus froitos a curto e medio prazo.