"Cada día máis persoas esixen o seu dereito a non respirar fume de tabaco"
Odirector xeral de Saúde Pública, Ramón Medina, fai balance da campaña contra o tabaquismo e a súa aplicación real no sector da hostelaría.
P: Dende a entrada en vigor da Lei ¿como evolucionou o seu grao de cumprimento?
R: Dende a súa entrada en vigor realizáronse 2.559 inspeccións nos establecementos de hostalería, co
obxectivo de asegurar o cumprimento da normativa tal como vén establecido na Lei. A partir dos resultados
obtidos, podemos facer unha primeira valoración da situación nestes momentos. En primeiro
lugar, existe unha clara discrepancia no cumprimento da norma dependendo das características
dos locais. Os que teñen menos de 100 metros de superficie (aqueles nos que o propietario ou propietaria
decide se se fuma ou non) o cumprimento é do 70 por cento. Sen embargo, nos locais de máis de 100 metros, o grao de cumprimento é dun 52%. Penso que este é un dato importante a ter en conta; igual que o son as numerosas reclamacións que realizou a cidadanía dende a entrada en vigor desta Lei (306), así como as innumerables aclaracións solicitadas a través da web e do teléfono, facéndonos ver a importancia que para os galegos e galegas supuxo a implantación desta norma.
P: ¿Que opinión lle merecen as diferentes actitudes existentes fronte á Lei?
R: O distinto posicionamento inicial dos diferentes sectores sociais, poderiamos resumilo con todo na actualidade nunha valoración positiva da sociedade galega ante as medidas adoptadas. Non debemos
esquecer que, na actualidade, as cifras de prevalenza de consumo diario de tabaco en Galicia son dun 21%, representando unha das prevalenzas máis baixas do Estado, o que nos mostra a madurez da sociedade galega neste tema, que sen ningunha dúbida reverte na súa actitude diaria ante a Lei.
P: ¿Cre que os hostaleiros preferirían que se xeneralizase a prohibición de fumar nos locais, para eludir o seu papel "policial" diante dos seus propios clientes?
R: Somos conscientes de que a nova normativa presenta aspectos mellorables que se foron facendo videntes
dende a súa entrada en vigor, pero non debemos esquecer a importancia que a aprobación da mesma supuxo
para o control do consumo de tabaco, factor de risco determinante de diferentes patoloxías, sendo un dos
principais problemas de saúde pública. O espírito da Lei 28/2005 é protexer a toda a cidadanía (persoas fumadoras e non fumadoras) da exposición ao fume de tabaco ambiental, polo seu efecto nocivo para a saúde, nesta liña é lóxico pensar que as diferentes revisións que se realicen da normativa vaian neste sentido, seguindo a tendencia actual proposta pola OMS en consonancia coas últimas normativas de países membros da UE como Irlanda, Reino Unido, Italia, Portugal, etc., prohibindo do consumo de tabaco en todos
os lugares pechados de acceso xeralizado.
P: ¿Que accións ten previsto levar adiante a Consellería para perseverar na defensa da saúde da cidadanía?
R: Desde a Administración continuaranse realizando as accións necesarias para asegurar o cumprimento desta Lei, como de calquera outra normativa vixente. Temos desenvolvido unha campaña de sensibilización á cidadanía facendo fincapé na convivencia entre persoas fumadoras e non fumadoras. Por certo, que é unha campaña moi dirixida ao sector da hostalería e na que estamos dispostos a colaborar co sector ofrecéndolle o
material promocional que nos soliciten. Esta campaña é ademais innovadora, posto que sendo unha campaña sobre o tabaco, non aparece nela ningún cigarro. Ao longo deste ano seguiremos traballando nas diferentes liñas de prevención cos proxectos xa implantados , como Clases sen Fume cuxo obxectivo é previr o inicio do consumo entre a xuventude; Déixao e Gaña, concurso que anima ao abandono do consumo de tabaco, continuaremos potenciando a participación dos nosos hospitais en redes europeas... Axudaremos a todos os
galegos e galegas que desexen deixar de fumar cunha nova estratexia xa deseñada e que terá unha inminente implantación. Tamén continuaremos realizando inspeccións de parte (solicitadas pola cidadanía) e de oficio.