O Restaurante "Casa Marco", de Vigo, foi o establecemento elixido pola cooperativa COVIGA para facer unha degustación dos seus produtos de calidade. Un xantar que foi compartido por periodistas de Radio Vigo e Hostelería Galega & Turismo e o presidente da cooperativa, Alfredo Márquez Martínez.
Aprimeira sorpresa foi o queixo de ovella que, ao xeito tradicional, fabrica a cooperativa na súa granxa de Allariz (Ourense). É o único queixo galego de ovella que se fai con leite sin pasteurizar e ten un periodo de curación de 90 días. De cor amarelo intenso, sabor forte e o mesmo aroma das cousas ben feitas. O queixo comercialízase co nome de O Rego e pode adquirirse na sé da cooperativa, en Allariz.
A continuación chegou o momento de degustar o año de leite (de 6 ou 7 kilos) que o cociñeiro Marco presentou de catro maneiras: albóndigas con verduriñas, chuletas á prancha, falda rechea e estofado. Cada unha delas mereceu os eloxios dos asistentes que salientaron a textura suave e o sabor intenso do año, moi tenro e xugoso. Uns pratos que foron regados por por un mencía, Pagos de Galir, da D.O. Valdeorras. Durante o xantar, Alfredo
Márquez explicou que a crianza dos años e cabritos está baseada na lactancia materna e en produtos naturais, o que lle dá ás canais cualidades organolépticas excepcionais.
Estes produtos comercialízanse semanalmente a través da cooperativa mediante un sistema propio de reparto a toda Galicia. O 988 442 428 é o teléfono de COVIGA.