Baixo o título "Os Camiños de Santiago para o século XXI", Ourense acolleu o terceiro congreso deste ciclo no que expertos na continuación en Galicia da Vía da Prata debateron sobre os aspectos culturais, ambientais e patrimoniais deste Camiño de Santiago.
Trátase dunha ruta empregada dende o medievo por peregrinos que proceden do suroeste e centro peninsular, seguindo en determinados casos o gran itinerario da Vía da Prata, que enlaza historicamente Mérida e Astorga, con prolongacións que chegan ata Sevilla e Xixón, e desvíos cara a ruta Xacobea.
No encontro, que levou a cabo a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, afondouse no estado actual do estudo, da protección e a posta en valor desta ruta. Outras cuestións tamén abordadas foron o Camiño Meridional a Santiago, o Camiño Mozárabe, o patrimonio cultural e ambiental ou os novos produtos turísticos que xurden con estas rutas.
Encádrase esta actividade no programa que a Consellaría de Innovación e Industria está a desenvolver de cara ao Xacobeo 2010, cunha especial preocupación por implicar nesta recta final as distintas comarcas galegas e a vista posta en estender a todo o país o interese turístico e cultural que espera o fenómeno
xacobeo. Neste caso elixiuse a cidade das Burgas por tratarse do lugar de encontro do Camiño do Sueste en Galicia.
Os anteriores encontros celebráronse en Lugo, no ano 2006, onde se falou dos Camiños Primitivos, e
Pontevedra, no 2007, para debater sobre o Camiño Portugués. Precisamente, no recente congreso de Ourense repartíronse entre os asistentes as actas sobre o congreso do Camiño Portugués.