Xornalistas e escritores de turismo,galegos debaten en Mondaríz sobre a deontoloxía profesional.
A Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (Agaxet) celebra a Asemblea Xeral 2008 coa incorporación de novos membros. Máis de corenta escritores e xornalistas vencellados co turismo e pertencentes á Agaxet reúnense esta fin de semana no Balneario de Mondariz para celebrar a Asemblea Xeral 2008, na que se dará entrada a novos membros. Abrirá a xornada sabatina o presidente da entidade, Guillermo Campos, que dará a benvida ao presidente da Federación Española de Escritores y Periodistas de Turismo (Fepet) á que pertence a Agaxet. Mariano Palacín inaugurará, pois, oficialmente a Asemblea.
No transcurso da reunión, ademais da presentación dos novos membros a cargo da Comisión de Admisións, procederase á lectura da memoria de actividades por parte da secretaria xeral, Carmen Parada, e á presentación de proxectos e directrices para o futuro a cargo do presidente, Guillermo Campos. Os últimos puntos da orde do día serán a elección da Xunta Directiva e Rogos e Preguntas.
I Simposio sobre Deontoloxía Profesional
A Asemblea dará paso, en torno ás 13.00 horas, ao I Simposio sobre Deontoloxía Profesional que inaugurarán o presidente de Agaxet e un representante do Concello de Mondariz, municipio turístico peculiar. Posteriormente, celebrarase a conferencia “As trabas á información: empresas, gabinetes e subcontratas” a cargo de Alfonso Basterra, director do programa El Mundo en tus manos, da Cadena COPE.
O domingo celebrarase a conferencia “A comunicación a través das novas tecnoloxías”, a cargo de Manuel Gago, profesor de Ciberxornalismo na Facultade de CC. da Comunicación da USC. A sesión de clausura correrá a cargo de Mariano Palacín que disertará sobre o caso concreto da Fepet. Trala elaboración das conclusións do simposio, celebrarase o xantar de clausura, coa presenza do director xeral de Turismo, Rubén Lois.
O programa completarase cunha saída lúdico-profesional pola comarca vitícola de O Condado (D.O. Rías Baixas), con visita á adega Coto Redondo, cata comentada e maridaxe gastronómica.