Co obxectivo de coñecer e divulgar o traballo e os avances desta Reserva cara á pesca sostible, a mellora da situación dos ecosistemas e os recursos pesqueiros galegos tras o Prestige, están a traballar confrarías de pescadores, a administración, institucións científicas e outras entidades que apoian o proxecto como a Obra Social de Caixa Madrid ou Telefónica.
Como parte deste traballo buscan a colaboración e implicación con esta Reserva de Interese Pesqueiro de cociñeiros e medios de comunicación os que suben a embarcacións da Confraría de Pescadores Lira. Catro grandes chefs: Pepe Solla, Pablo Gallego, Darío Barrio e José Luis Estevan, e un nutrido grupo de xornalistas serán testemuña das características biolóxicas e pesqueiras da zona, e coñecerán de primeira man as diferentes actividades científicas, sociais e divulgativas que formula esta iniciativa.
Haberá ocasión para visitar unha cooperativa de caviar de ourizo que crearon as mariscadoras para a comercialización das ovas de ourizo, de falar cos pescadores e de participar, os cociñeiros da zona e os cociñeiros invitados, nun taller de cociña.
Os organizadores esperan da visita un compromiso dos chefs para a promoción dos produtos da Reserva de Interese Pesqueiro Os Miñarzos.