Estudo da FEUGA: Apostar polo I máis D

O sector do vinho en Galicia debe apostar polo I+D+i para ser máis competitivo e optar a novos mercados. Así o determina un traballo elaborado pola Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga) no marco do Espazo de Innovación Vitivinícola, nacido para pór a disposición do sector as capacidades das universidades galegas e impulsar nas adegas a materialización de proxectos e servizos de I+D+i.

Segundo este estudo, a innovación é a materia pendente do sector vitivinícola galego, se ben se ten constatado que os profesionais son conscientes da súa importancia.

O informe, dirixido polos investigadores da USC Xavier Vence e Alfredo Macías, incide no potencial investigador das universidades e na necesidade de que incluso as pequenas adegas invistan neste eido.