A Xunta deu luz verde ao decreto que regula a actividade dos furanchos, uns locais que naceron para vender os excedentes da produción vitícola pero que se converteron en auténticas casas de comida fóra de toda normativa. Co novo regulamento, queda perfectamente definido que é un furancho e cando e como pode actuar.
Segundo o novo decreto, os furanchos deberán cumprir uns requisitos mínimos como teren iluminación e ventilación, que o viño non sexa embotellado senón procedente de barril e que os alimentos que se acompañen cumpran unhas normas mínimas de etiquetaxe e procedencia, sen que poidan estar elaborados no propio local.
O sector hostaleiro “tradicional” aplaude a medida pero os furancheiros anuncian novas protestas.