A Xunta quere darlle un forte pulo ao sector da agricultura ecolóxica e, con tal motivo, deseñou un plan quinquenal que inclúe ata 54 accións distribuídas en seis eixos.
O Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica de Galicia busca consolidar este sector baseándose nun incremento sostible da capacidade produtiva, facendo así máis rendibles as explotacións.
Conta cun investimento público superior aos 39 millóns de euros pero a esta cifra hai que engadirlle a achega privada, que se estima nuns 9,6 millóns de euros. Algúns eidos nos que vai incidir son a formación, a mellora do coñecemento por parte do propio sector, a modernización das instalacións ou a aposta polo I+D+i.