Premios EGANET no Hotel Monumento San Francisco de Santiago

Quinta convocatoria dos premios da Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías (Eganet), que celebrou no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela a gala presentada polo xornalista radiofónico Fran Hermida.

Resultaron gañadores: Premio E-emprendedores: Thermosentinel S.L, por 'Supervisión telemática Thermosentinel'; premio Software Libre: Sixtema (Soluciones y Proyectos de Información S.L., por 'Catálogo GIS'; premio Cultura Dixital, Pixel Grafics S.L., por 'SQR'; premio Comunicación Web Empresarial: 'Pedro Figueras Comunicación' por 'A Nosa Terra Diario'; premio Sociedade Web:Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, por 'Espazo web do Voluntariado Galego'; premio Aplicación on-line: Netex Knowledge Factory, por 'Kubbe'; premio E-Commerce:Visual Publinet S.L. por 'La Manzana del Cuento'; Premio Publicidade on-line: La Nuestra Comunicación Publicitaria por 'Xormadas de publicidade marca Galicia', premio Tecnoloxía Accesible e Segura: Federación de Asociación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) por 'Rede Xorda Galega'.

O premio especial foi para RETEGAL ( Rede de Telecomunicaions Galegas) pola súa actividade de vertebración territorial a través da modernización das infraestructuras de telecomunicacións. Tamén hubo un recoñecemento ás empresas socias de Eganet que levan 10 anos creando e traballando no sector, así como una homenaxe especial a Xosé Ramón Pais, ex-presidente da asociación que recibiu unha placa conmemorativa.