A cita anual da Confederación Española de Hostalería de Galicia (Cehosga) congregou en Vigo a preto de 300 convidados, fundamentalmente das empresas e profesionais máis directamente vencellados co asociacionismo do sector nas sete cabeceiras de comarca galegas.
Cea-festa de confraternidade, entrega de premios aos compañeiros máis destacados no ano e un convidado especial, o galego afincado en Londres Manny Fontenla, conselleiro delegado da turoperadora Thomas Cook.
Xunto a el foron premiados José Menéndez e Gustavo Ponte, socios e propietarios da cadea coruñesa de establecementos gastronómicos El Huerto; Jorge Dorribo, xerente de Laboratorios Nupel pola nova imaxe da campaña “E para comer...Lugo”; o Gran Hotel San Martín de Ourense; Ezequiel A. Simons polos seus establecementos Pinzón e Bahía Bayona; María I. Castro, recepcionista do Hotel Samil; a cociñeira María Pilar Pérez, o xefe de sala Alberto Domínguez e o sumiller Alfredo Álvarez.