Terra Gauda patenta Bodegas Terras Gauda e o CSIC veñen de patentar a primeira levadura de uva Albariño, o que permitirá á adega de O Rosal manter a calidade e os aromas dos seus viños en todas as anadas con independencia do clima e da colleita. A adega que preside José María Fonseca é a única en Galicia que dispón dunha levadura propia patentada, tras unha investigación de catro anos.
Terras Gauda empregará a gran escala esta levadura para a vendima do 2008. Na colleita de 2007 xa foi probada con resultados positivos que corroboraron as investigacións previas, xa que a levadura seleccionada acadou unha fermentación regular e progresiva, fundamental para conseguir os aromas básicos dos albariños.
A investigación levouse a cabo baixo a dirección de Emilio Rodríguez, director técnico da adega, e na Misión Biológica de Galicia e o Instituto de Fermentacións Industriais do CSIC, coa dirección dos científicos Carmen Martínez e Alfonso V. Carrascosa, coa colaboración da Xunta de Galicia.