Os viños Quinta do Buble, da D.O. Monterrei, e Joaquín Rebolledo Barrica 2006, da D.O. Valdeorras, resultaron premiados como os Mellores Viños de Galicia 2008 nas categorías de branco e tinto, respectivamente, polo panel de expertos da XX Cata dos Viños de Galiza.
No tocante ás augardentes, Pazo de Señoráns recibiu o Pote de Ouro na X Cata das Augardentes, á que concorreron un total de 26 marcas procedentes de 25 adegas. Na categoría de viños, o panel analizou un total de 223 viños. Os premios entregáronse na localidade de Ferreira de Pantón, coa presenza do conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, e de 250 adegueiros e representantes do sector vitivinícola galego.
Por denominacións, en O Ribeiro o Acio de Ouro foi para Casal de Armán, o de Prata para Gomariz X e o de Bronce para Pazo do Mar Expresión. En Valdeorras, o Acio de Ouro recibiuno Erebo; o de Prata, Viña Abad e o de Bronce, Viña Somoza Godello Selección. Finca de Arantei levou o Acio de Ouro correspondente aos viños da D.O. Rías Baixas, Martín Códax o de Prata e Pazo da Bouciña o de Bronce. Dentro da D.O. Ribeira Sacra, o Acio de Ouro foi para Algueira, o de Prata para Adega Barbado e o de Bronce para Peza do Rei. Finalmente, na D.O. Monterrei resultou gañador Pazo de Monterrei; segundo clasificado foi Fragas do Lecer e terceiro, Ladairo Branco.
Nas augardentes, acompañaron no podio a Pazo de Señoráns, La Val no segundo posto e Quenza no terceiro. Por primeira vez incluiuse a categoría Viños de Colleiteiro, á que concorreron 45 viños pertencentes a adegas que elaboran menos de 60.000 litros anuais. Neste apartado, na categoría de brancos, obtivo o Acio de Ouro o viño Viña Axentea e o de prata, Castro de Lobarzán. Esta adega repetiu premio co Acio de Ouro ao mellor Colleiteiro Tinto, mentres que o de Prata foi para San Mamed e o de Bronce para Estrela.