O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o presidente de Cehosga, Juan Silva, asinaron un convenio de colaboración para a realización de diversas accións de promoción turística que contemplan un investimento global de 243.000 euros, dos que Consellaría achegará 150.000 euros. Entre outras actuacións, o departamento dirixido por Fernando Blanco colaborará con Cehosga para dotar de medios persoais a un punto de información turística en Compostela, en horario ininterrumpido de 8.00 a 20.30 horas.
O convenio tamén contempla o mantemento das vallas promocionais en Valença do Minho (Portugal), Benavente (Zamora) e Ávila, así como a distribución e difusión de contidos de promoción turística.
O convenio tamén contempla o mantemento das vallas promocionais en Valença do Minho (Portugal), Benavente (Zamora) e Ávila, así como a distribución e difusión de contidos de promoción turística.