O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, inaugurou a nova área de servizo e pernoita de autocaravanas do Sanguñedo, en Chantada, que se suma ás outras nove existentes en Galicia. Nese sentido, a Consellaría traballa na creación dunha rede de áreas de servizo que, segundo anunciou Blanco, contará cun mínimo de trinta destas áreas repartidas por todo o país. O investimento preciso para acadar este obxectivo é de 200.000 euros.
O reparto destas estacións polas distintas comarcas facilitaría o percorrido deste tipo de turismo polas diferentes vilas do país, sen interferir nas localidades que teñen campings. Practican actualmente o turismo de autocaravanas unhas 3.000 persoas en Galicia, pero segundo matizou o conselleiro trátase dun turismo que está en alza.