Pontevedra acollerá en 2010 o primeiro congreso de viticultura atlántica, organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas en colaboración coa Deputación Provincial. Os presidentes de ambas institucións reuníronse recentemente para ultimar os detalles desta convocatoria, á que se agarda que acudan expertos internacionais. A intención é contribuír á proxección dos viños de Rías Baixas en todo o mundo.
Esta é tan só unha das liñas de colaboración que manteñen Deputación e Consello Regulador que tamén coinciden na solicitude de creación dunha facultade de Enoloxía no Campus de Pontevedra.
Esta é tan só unha das liñas de colaboración que manteñen Deputación e Consello Regulador que tamén coinciden na solicitude de creación dunha facultade de Enoloxía no Campus de Pontevedra.