Curso da UNED sobre viño en Cambados

A Universidade a Distancia celebrará, do 1 ao 3 de xullo, o curso "Viño e saúde" en Cambados, coa participación de numerosos expertos que analizarán os beneficios que reporta ás persoas a inxesta moderada de viño.

O director da UNED de Pontevedra, Gerino Calvo, amosouse moi satisfeito por organizar un curso deste tipo en Cambados “ao ser un elemento tan característico” da localidade. O curso terá unha parte teórica e outra práctica que se desenvolverá no Balneario da Toxa.