O Concello de Parga vén de iniciar unha serie de xestións para conseguir que a Feira da Cantería, callos e artesanía sexa declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia. Os trámites están na súa fase inicial, pero o Concello agarda que o vindeiro ano xa se conte con esta distinción.
A edición de 2008 terá lugar o vindeiro 6 de xullo e contará con diversas actividades como a propia degustación de callos e a exhibición dos canteiros, fabricación de títeres, elaboración de manteca ou confección de cestos.