O Consello Regulador da D.O. Valdeorras e os adegueiros da zona poderían reducir a un día a Feira do Viño de Valdeorras se non se consigue unha participación alta por parte das adegas. Outros anos participaban unhas vintecinco adegas pero en esta ocasión, se non se alcanza un mínimo de 18, a feira reducirase a un día (sábado 16 de agosto, na rúa Doutor Vila). A intención é que a degustación dos viños se acompañe doutros produtos, que servirían azafatas.
Deste xeito, liberaríase aos adegueiros de ter que estar presentes na feira. O luns decidirase, nunha nova reunión, a duración final do evento.
Deste xeito, liberaríase aos adegueiros de ter que estar presentes na feira. O luns decidirase, nunha nova reunión, a duración final do evento.