A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza e Turgalicia veñen de sortear seis fins de semana en casas de turismo rural entre os consumidores de produtos agroalimentarios das comarcas da Ulloa, do Eume e do Ribeiro, zonas nas que se desenvolve o proxecto Cantata. A través desta iniciativa, a Consellaría de Medio Rural aposta pola revitalización do medio rural galego cun modelo turístico diferente que favorece a diversificación económica e que crea produtos turísticos únicos e singulares, baseados na cultura e nos recursos locais.
Así, deseñáronse unhas rutas agroalimentarias nas tres zonas integradas na iniciativa co obxectivo de que, a partir dos produtos agrogandeiros locais, os visitantes poidan coñecer máis detalles da cultura, da gastronomía e da paisaxe de cada un dos territorios.