Galicia en EXPOZARAGOZA

Un total de 13 empresas asinaron un convenio de colaboración con Innovación e Industria para a promoción de Galicia na Exposición Internacional de Zaragoza, que se inaugura o vindeiro 14 de xuño.

Copasa, Coren, Monbus, Taboada y Ramos, SyC, Antalsis, Engasa, Eufer, GH Hoteles, Grupo Cortiño, Laboratorios Nupel, Norvento e Reganosa realizarán unha achega conxunta de 436.000 euros para a realización das actividades de promoción de Galicia que se van desenvolver no pavillón galego.

Súmanse ás dúas caixas galegas que xa tiñan formalizada a súa colaboración cunha achega de 100.000 euros cada unha. O pavillón galego busca a promoción dos recursos turísticos galegos e servir como escaparate da mellor gastronomía do país.