Galicia contará, dende o ano que vén, cunha feira profesional especializada na artesanía, co que pretende converterse nun referente do sector en toda Europa. A primeira edición celebrarase en febreiro de 2009 co obxectivo de ser un espazo de exposición da parte máis creativa do sector, protagonizado polo produto artesanal de alta calidade. A marca Artesanía de Galicia compartirá espazo cos sectores artesáns do resto dos países participantes no evento, entre os que terá unha especial relevancia o país convidado en cada edición.
A Xunta ten como meta fomentar a comercialización de Artesanía de Galicia no interior do país. Nese sentido, deseñarase unha campaña de publicidade integral de Artesanía de Galicia que abarcará dúas das temporadas máis fortes do sector: o verán e o Nadal.