As consellerías de Educación e Sanidade veñen de editar un conxunto de materiais didácticos para mellorar a alimentación nos comedores escolares. O obxectivo é inculcar bos hábitos nos máis pequenos, fomentando a actividade física e evitando así o sedentarismo.
Unha das novidades deste material é que, ademais dos menús xerais, por primeira vez recóllese un índice de menús para escolares que teñan algún tipo de alerxia ou intolerancia aos alimentos, prestando especial atención ás alerxias ás proteínas do ovo e do leite, e elaborando pratos específicos para que cada alumno reciba unha alimentación adecuada ás súas necesidades.