A Consellería de Medio Rural e os representantes das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas acordaron, no congreso que sobre Enoturismo se celebrou en Cambados, impulsar esta actividade como unha nova oportunidade de negocio e un instrumento de promoción dos viños de calidade.
Nese sentido, o director xeral de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López, considera que este novo produto “debe converterse nun matrimonio que permita compaxinar a actividade turística coa promoción dos viños”. Para elo, López avogou porque se cree un marco normativo común ás cinco D.O. e establecer un compromiso firme e rigoroso de dotación económica.