Dous dos grandes monumentos feitos polo home, a Muralla de Lugo e a Gran Muralla china, irmándanse esta semana nun acto que terá lugar en Pekín. Pero a capital lucense tamén se irmandou coa cidade chinesa de Qinhuangdao, nun “compromiso de amistade” que ambas localidades agardan que fructifique en futuras relacións económicas.
Nese sentido, o alcalde lucense, Xosé López Orozco, sinalou que as autoridades chinesas transmitíronlle as súas ganas de “colaborar e cooperar” e de que empresarios galegos se acheguen ata a cidade chinesa ao mesmo tempo que empresarios dese país visiten Galicia.