O Concello de Guitiriz xa enviou á Xunta de Galicia a documentación relativa á solicitude da declaración de interese turístico para o festival de Pardiñas, polo que teñen pasado bandas da talla de Milladoiro e Oskorri e solistas como Kepa Junquera ou Amancio Prada.
O evento leva celebrándose cada mes de agosto, cun gran éxito, dende 1980. Ademais das actuacións musicais, o festival acolle un encontro de artesanía e un pregón moi especial, que xa deron, entre outros, os escritores Xosé Neira Vilas ou Manuel María.