O proxecto do Parador de Muxía superou a declaración de impacto ambiental, último requisito previo ao inicio da súa construción. A resolución da Dirección Xeral de Turismo recolle que se trata dunha actuación “ambientalmente viable, sempre que se cumpran as condicións que se establecen na declaración”. A principal é que todos os edificios que se constrúan deberán quedar fóra do ámbito da Rede Natura 2000.
Tamén se incide en que as construción causen o menor impacto visual posible. O Parador de Muxía ubicarase no lugar de Punta Lourido e ocupará unha superficie de 120.000 metros cadrados. A inversión ronda os vinte millóns de euros.