Máis de 150 propietarios de furanchos dos concellos de Vilaboa, Marín, Moaña, Redondela, Cangas e da zona de O Salnés reuníronse para analizar o decreto que vén de publicar a Xunta para a regularización destes establecementos, ao que se opoñen.
De feito, anuncian que levarán adiante medidas de presión para tentar que o decreto se modifique xa que, din, "aniquila" a tradición dos furanchos. Entre esas medidas, barallan levar adiante concentracións, manifestacións e incluso a asistencia aos actos políticos que celebren os partidos que cogobernan na Xunta.