O vindeiro mércores, 18 de xuño, terá lugar a 2ª Xornada Gastronómica en “Tempo”, o restaurante do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, na que participará o cociñeiro Pepe Solla. As xornadas son unha iniciativa de Nicolás Villar González, o cociñeiro responsable do restaurante e teñen como obxectivo dar a coñecer e difundir as novas propostas da gastronomía contemporánea galega.
Solla impartirá unha conferencia sobre o uso dos escabeches na cociña galega e, a continuación, servirase un menú degustación con propostas como Ostra escabechada ao segundo ou Peituga de capón escabechado en soia. O prezo é de 45 euros por persoa.