A cidade das Burgas acolle esta fin de semana o programa “Galega polos cinco sentidos”, un espazo dentro das festas locais para a celebración da cultura galega dende diferentes perspectivas. Entre os actos previstos destaca a presentación do libro “Vacas” de Flavio Morganti ou un obradoiro de cociña para nenos, o sábado.
O domingo terá lugar o I Concurso de Empanada Caseira e durante todos os días da festa, unha tasca/bar galega ofrecerá comida, bebida e produtos ecolóxicos, en colaboración con Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.