Innovación e Industria promociona en Portugal e Chequia, a través de dúas exposicións fotográficas, os atractivos do Camiño de Santiago.
No país luso celébrase a mostra “No Camiño”, que xa se pode ver en Porto e, a partir do 19 de xuño, en Lisboa. Logo do seu paso por Portugal, está previsto que se traslade a outras cidades europeas, entre elas, Zurich. O proxecto expositivo componse dunha colección de fotografías que recollen diferentes enfoques do Camiño como as súas vertentes natural, espiritual, vivencial ou cultural.
Na capital de Chequia, Praga, Innovación e Industria inaugurou a exposición “Un Camiño, 13 olladas. O Camiño de Santiago en Galicia”, na que participan trece fotógrafos. A mostra fai en Praga a súa sexta parada tras achegarse a cidades como Copenhague, Bergen ou Riga. Poderase visitar ata o 20 de xuño.