A Consellería de Cultura e Deporte premiará aquelas actividades produtivas rurais que contribúan á conservación e posta en valor do Camiño de Santiago. Esta é a segunda ocasión en que a Xunta convoca estes galardóns e outorgaranse un total de 90.000 euros para as explotacións forestais, agrícolas, gandeiras, de transformación ou de distribución que mellor apoien a ruta xacobea.
A mellor iniciativa recibirá 30.000 euros, pero ademais concederanse cinco mencións valoradas en 12.000 euros cada unha. Os cartos deberán ser investidos na mellora dos aspectos da explotación ligados á conservación do Camiño. Por primeira vez, os premios ábrense a actividades que se desenvolvan en calquera das rutas do Camiño. Poden presentarse candidaturas ata o 30 de outubro.