A Concellería de Cultura e Turismo de Lugo xa anunciou os prezos de venda ao público dos produtos máis típicos do San Froilán.
Así, a ración de 600 gramos de polbo sairá por 6,80 euros mentres que a ración de cachelos e de pan sairán por un euro cada unha. A botella de tres cuartos de viño de mesa terá un prezo de 4 euros. Como todos os anos, as casetas poderán ofrecer ao público outros alimentos e bebidas complementarios con prezos non regulados polo Concello.
No tocante ás casetas, a máis cara sae cun prezo de 17.835 euros mentres que o caldeiro máis caro alcanza os 11.120 euros.