O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas continúa coa campaña de promoción dos seus viños en diferentes países do mundo. Nesta ocasión, douscentos cincuenta prescriptores estadounidenses participaron nunha xornada técnica, nunca cata de viños e unha maridaxe con comida asiática, india e americana organizada polo C.R.D.O.R.B. en San Francisco.
Esta acción responde á política de Rías Baixas e do ICEX de incidir na creación do valor de marca e conseguir un posicionamento no mercado estadounidense, o principal consumidor de viños brancos. Nesta campaña participaron 19 adegas de Rías Baixas pero actualmente exportan a EEUU máis de 50 empresas desta D.O.
Por outra banda, o Consello participou recentemente na London Wine, a onde se desprazaron un total de 47 marcas. A London Wine, que se celebrou no recinto de Excell, é unha feira de referenza e unha das máis prestigiosas do sector a nivel mundial. Reino Unido é o segundo mercado internacional de importancia para as adegas de Rías Baixas.