A catedral dedicada a Santiago na cidade estadounidense de Seattle acolle ata o vindeiro 28 de xullo unha exposición sobre o Camiño de Santiago, que foi inaugurada polo director xeral de Turismo, Rubén Lois. “Sacred Steps” recolle os aspectos espirituais da ruta.
Na inauguración, na que o Centro Superior de Hostalería de Galicia serviu un cóctel, o director xeral incidiu na importancia de que o Camiño chegue ata o Pacífico.
Por outra banda, máis de 15.000 persoas visitaron a exposición “GALICIA EN CARTEL. A imaxe de Galicia na cartelería turística”, organizada pola Dirección Xeral de Turismo en colaboración co Xacobeo, na cidade francesa de Toulouse. A mostra abarca todo o século XX, con obras de clásicos como Carlos Maside, Arturo Souto ou Francisco Lloréns.