Pesca pon en marcha a segunda fase da campaña de promoción de "PescadeRias". A Consellería de Pesca está gravando, na localidade coruñesa de Aguiño e a pontevedresa de O Grove un novo spot publicitario para a segunda campaña de promoción da marca de calidade "PescadeRias, ¿de onde se non?".
Esta nova acción de difusión será emitida en diferentes canles de televisión nos vindeiros meses e terá como protagonista ao mariñeiro que xa participara no primeiro anuncio, porque, segundo Pesca, "foi o personaxe que máis calou entre o público á hora de transmitir a mensaxe de valoración dos recursos do mar de Galicia". Ademais, prevese unha nova acción para o Nadal, por ser outra das épocas do ano máis importantes para o sector pesqueiro en canto a vendas.