Así se denomina a nova campaña promocional que desenvolve Turgalicia para aproveitar as sinerxias do turismo mariñeiro que se leva a cabo nas vilas costeiras galegas. O programa ten en conta, pois, iniciativas como Pescanatur, Guimatur ou Mar de Lira que tan bos resultados están colleitando.
Participan nesta campaña 63 casas de turismo rural espalladas por toda a franxa costeira galega que disporán de folletos informativos editados en galego, castelán e inglés. A campaña tamén terá un espazo específico na páxina web de Turgalicia (www.turgalicia.es).