Vilagarcía potencia dúas rutas de sendeirismo

O Concello de Vilagarcía plantexará á Consellería de Innovación e Industria a posibilidade de crear dúas novas rutas de sendeirismo nos montes de Xiabre e Lobeira de cara a poñer en valor a riqueza paisaxística do interior da localidade. As rutas serían un complemento ás que xa están plantexadas para a praia de A Compostela e para os Lombos do Ulla.

Ademais, o proxecto do Concello inclúe a creación dun centro de interpretación arqueolóxica en Xiabre. Por último, o goberno local contempla a posibilidade de establecer anualmente unha ruta cicloturística de montaña por Xiabre e Lobeira.