O Consello Regulador da D.O. Ribeiro celebrará o mércores, 2 de xullo, e como preludio á XLV Feira do Viño do Ribeiro, unhas xornadas técnicas que reunirán a expertos do mundo do viño, dirixidas tanto a profesionais como ao público en xeral. Terán lugar no Salón de Actos do Centro Comarcal do Ribeiro e participarán o catedrático Fernando Martínez de Toda, o profesor Juan Pan Mantojo e o investigador Antonio Salgado Remigio. Entre os temas que se tratarán destacan os retos de futuro que ten por diante a viticultura en O Ribeiro ou a importancia do viño na alimentación.
Previamente, celebrarase unha proba de corenta e cinco viños desta denominación á que están convidados xornalistas especializados e profesionais relacionados co mundo do viño.
Previamente, celebrarase unha proba de corenta e cinco viños desta denominación á que están convidados xornalistas especializados e profesionais relacionados co mundo do viño.