Abren dezasete novos establecementos multiservizos no rural galego

A Consellaría de Innovación e Industria, que dirixe Fernando Blanco, vén de resolver a orde de axudas da Rede de Comercio Rural Galego, a través da que investirá 1,5 millóns de euros na apertura de dezasete novas tendas multiservizo.

Os novos establecementos están repartidos polas catro provincias. Mazaricos, Arzúa, Campo Lameiro, Sarria, As Nogais ou Bora (Pontevedra) son algúns dos concellos que os acollen.