Dende o S.XIX, no pobo de Goián, situado en pleno corazón do Baixo Miño, lévase elaborando e transmitindo durante varias xeracións este licor único sen perder un ápice de autenticidade. A combinación das sementes de cilantro con outras herbas aromáticas e medicinais confírenlle unha cor e sabor particulares que o fan diferente e sorprendente fronte a outros licores de herbas.
A destilería Pazo Valdomiño encargouse de continuar e respectar a tradición, elaborando con igual agarimo e esmero este singular e sublime licor cada vez máis apreciado e demandado noutros mercados, multiplicando por dez as ventas fóra de Galicia.
Asemade, seguindo coa súa aposta pola calidade e coidado deseño en tódolos seus produtos, a destilería lanzouó mercado a nova imaxe da súa xa recoñecida Augardente Vella, un exclusivo destilado de viño de cor tostado brillante envellecido en barrica de carballo francés que atrae ós padais máis esixentes.
De igual modo, recentemente presentouse o novo Augardente de Mirabel, que sen dúbida algunha dará moito que falar pola súa orixinalidade e finura.