A faba de Lourenzá contará este ano co selo de Indicación Xeográfica Protexida (IXP) no mercado español, segundo informou o subdirector xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria, Ricardo Rivas. Toda a documentación previa está enviada e só queda agardar que se aprobe a inclusión no rexistro comunitario. Pero ante a posibilidade de que isto se retrase, a Xunta decidiu outorgar unha protección transitoria que permita promocionar o produto cun selo de calidade.
Para dar a coñecer en que consiste esta tramitación, o Ingacal e a Dirección Xeral están a organizar unha serie de charlas informativas que recalarán en localidades como Mondoñedo, Viveiro, Ribadeo ou Foz.