A Organización para os Campionatos de Promoción das Profesións Hostaleiras que ostenta o Grupo HG&T ultima coas asociacións empresariais (Cehosga) e profesionais (Asociación Galega de Sumilleres e Asociación Galega de Maitres) implicadas, a convocatoria e o regulamento do primeiro Campionato Galego de Profesionais de Servizo, que se celebrará no mes de novembro, previsiblemente na cidade de A Coruña, e que clasificará ao gañador para a final da fase nacional interautonómica que convoca a Federación Española de Hostelería (FEHR) e que tamén terá lugar en Galicia, no ano 2009.
O servizo é a asignatura pendente da hostalería, tanto a nivel de formación como de recoñecemento profesional e tamén porque, ata o de agora, non existía unha proba destas características adicada exclusivamente ao servizo.
Agora Galicia, a través dunha idea orixinal do Grupo HG&T, co apoio da Confederación de Hostalería de Galicia e da Administración turística galega, promove este certame que aposta polos bos profesionais do servizo de sala, e a partir desta base común irrenunciable premia ao mellor sumiller, o mellor maitre, o mellor barman, o mellor cortador de xamón e o mellor barista.
Por diferentes categorías, os profesionais galegos enfrontaranse a diferentes probas de destreza que amosarán as súas habilidades e o seu bo facer no desenvolvemento das súas profesións.