A Cámara de Comercio de Palma de Mallorca acolle, ata o 29 de agosto, a exposición audiovisual itinerante “En Camiño”, promovida pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, en colaboración coa Asociación de Cámaras de Comercio e Industria do Camiño de Santiago. A mostra está integrada por unha secuencia de 28 fotografías sobre as peregrinacións xacobeas, particularmente dos camiños Francés e de Fisterra, e outra complementaria ten a Santiago como protagonista, como meta das peregrinacións.
A exposición conta tamén cun vídeo realizado ao longo do Camiño Francés no que toman a voz peregrinos de diversa procedencia, que relatan as súas experiencias. A mostra puido visitarse xa en cidades como Barcelona e viaxará a Castellón e Zaragoza, entre outras.
No transcurso do acto de inauguración, o presidente da Cámara de Comercio de Mallorca, Juan Gual, propuxo ás cámaras galegas a realización de promoción conxunta de Baleares e Galicia entre os seus turistas, co obxectivo de obter un trasvase de visitantes que beneficie a ambas comunidades, aproveitando a existencia de varios voos directos entre Palma e Santiago. Ambos destinos teñen cousas en común como a importante afluenza de turistas alemáns.