O Consello da Xunta vén de aprobar a Lei de Pesca, un documento que, entre outros puntos, regula o coñecido como turismo mariñeiro. A lei estipula que terán a consideración de actividades deste tipo, entre outras, as de pesca turismo –desenvolvidas a bordo de embarcacións pesqueiras dirixidas ao coñecemento, valorización e difusión do traballo dos profesionais do mar-; as rutas guiadas; as casas de turismo mariñeiro; ou as de promoción e posta en valor da gastronomía mariñeira.
Por outro lado, a Consellaría que dirixe Carmen Gallego vén de crear os Grupos de Acción Costeira, co obxectivo de que contribúan ao desenvolvemento sustentable e a diversificación económica das zonas de pesca.
Neste marco, priorízase a creación dun grupo por cada unha das sete zonas costeiras establecidas en Galicia: Mariña Lucense e Ortegal, Golfo Ártabro, Costa da Morte, Seno de Fisterra-Muros, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo-A Guarda.