O Inorde e a Universidade de Vigo están a realizar un estudo sobre a produtividade do porco celta, dentro da política de recuperación e promoción de razas autóctonas que desenvolve o instituto ourensán e que se centra en animais como a vaca cachena ou a galiña de Mos.
O obxectivo do estudo é mellorar a produtividade desta raza mediante o emprego de recursos autóctonos na súa alimentación, como pode ser a castaña. O Inorde traballa dende hai varios anos na recuperación do porco celta, tomando como base a cría que se desenvolve nunha finca da Deputación de Ourense en Nogueira de Ramuín.