O Consello da Xunta aprobou o proxecto de Lei de Turismo de Galicia, unha norma que recoñece por vez primeira o carácter estratéxico do sector, impulsa a súa profesionalización e autorregulación e aposta por un desenvolvemento turístico sustentable e de calidade, establecendo novos eidos para a cooperación interadministrativa e coa iniciativa privada.
O texto aposta pola proxección interior e exterior de Galicia como marca turística global e de calidade que integra e respecta as demais marcas turísticas galegas. Establécese, asimesmo, un catálogo de dereitos e obrigas dos usuarios turísticos e estipúlase que deben ser as administracións públicas competentes as que velen polo seu respecto e cumprimento.
Tamén se actualiza a clasificación das empresas de aloxamento turístico e créase o Consello Regulador do Turismo, entre outros aspectos. A lei entrará en vigor ao mes da súa publicación no DOG.