A Deputación de Pontevedra entrega cada ano os Premios Provincia de Pontevedra en recoñecemento á traxectoria de empresas e particulares en diferentes ámbitos. Nesta ocasión, o goberno provincial propón que, na categoría de Turismo, o galardón recaia no Parador “Conde de Gondomar” de Baiona “por destacar como punta de lanza da oferta hoteleira de calidade, e que dende os seus inicios foi clave para a promoción turística, tanto nacional como internacional, de Baiona, Valmiñor e da provincia de Pontevedra”.
Non se esquece a Deputación nesta proposta do seu matiz cultural, coa posta en valor da súa muralla medieval e a súa constante colaboración en eventos culturais con exposicións, concertos ou visitas teatralizadas, entre outras actividades.